VODAS DE OURO MANOLO E MARUXA

escrita por MAR dedicada a MANOLO E MARUXA

lunes 28 enero 2013    3.33 corazones

 

VODAS DE OURO DE MANOLO E MARUXA

San Valentin foi a data elexida por Manolo e Maruxa.

Un 14 de febrero, os noivos bendeciron e sallaron a súa unión na Igrexa de San Xulián de Arnois.

Acompanáronvos os vosos familiares e amigos, foron oitenta invitados.

Daquela xa era xente!

A comida foi na casa, vos preguntaredes onde meteron tanta xente? Pois amañáronse ben, a metade dentro da casa e o resto no cuberto.

Foi o inicio dunha historia de amor, que nesta data o 14 de febrero do 2013, temos a sorte de disfrutala.

Manolo e Maruxa:

“O pasado xa é voso, o futuro tedes que disfrutalo”

“Se na xuventude aprendemos, coa idade comprendemos”

“Se a vida só pode ser comprendida mirando cara atrás,

estamos seguros que só pode ser vivida cara adiante”

Vos camiñades xuntos, para elo é necesario unha base sólida de Respeto, Confianza mútua e de moitísimo cariño.

Vos sodes un Exemplo con maiúsculas:

Un exemplo de bondade

Un exemplo de loita por mellorar.

Un exemplo de preocupación polos vosos fillos e fillas.

Un exemplo de cariño para os vosos netos, netas, familiares e compañeiros.

Non queremos esquencer os que vos deixaron nesta peregrinación do camino da vida e que hoxe están presentes nos vosos corazóns.

E así, que vos ofrecemos uns desexos, desexos que todos os que nesta data estamos con vos, compartimos de todo corazón:

Que nesta data tan importante nas vosas vidas este chea de bos recordos.

Que nunca vos falte…

Un soño polo que loitar,

Un proxecto por cumplir,

Algo que aprendre, moitas cousa que ensinar,

Un lugar a onde ir, moitas festas para celebrar, moio amor para dar, e sobre todo, alguen a quen QUERER.

Gracias por deixarnos compartir este momento con vos.

Que este exemplo de familia unida se contaxe de xeneración en xeneración.

Con moito agarimo de MAR

 


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información