Un día calquera

escrita por Valentina dedicada a Meu amor

domingo 10 febrero 2013    5.00 corazones

 

Compostela, un día calquera.

 

 

Amor, ¿que máis che poido dicir que non che dixera xa?

Soño tódolos instantes o teu sorriso mentres un calafrío  percorre lentamente o meu corpo.

 

Aínda me lembro da primeira vez que te vín. Estabas alí, mirando ao mar mentres a brisa ondeaba  lenemente os teus bucles dourados.

 

Escoitar romper as ondas na beira do mar e ver como  se xera a escuma que aloumiña a area é coma acariciar cas xemas dos dedos o soño de seda que envolve ese utópico desexo de fundirnos lentamente, moi lentamente, ata formar unha mestura que permaneza intacta durante toda a eternidade.

 

Eu aparto os meus cabelos e xúntoos nunha trenza mentres que a tua apolínea voz me pide que non me mova para así retratarme sobre o lenzo do desexo baixo a luz das estrelas, únicas testemuñas do crime de amor entre dous corpos que se aman con premeditación e alevosía.

 

Os días ao teu carón son unha espiral de inagotable ledicia que comeza cando os teus beizos me despertan para continuar acompañándonos da man, descubrindo o mundo que semella paralizarse mentres nós, namorados, sentimos que sempre estaremos sobre o ceo.

 

Busquemos tódolos momentos para roubarlle tempo á morte e fundirnos nunha aperta baixo os soportais, sentindo como un fermoso benestar percorre os nosos corpos e nos embriaga dunha relaxante tranquilidade mentres ti acaricias as miñas costas e  eu a túa caluga.

 

Fóra, todo é silencio, só o interrompen as pingas de auga que golpean as pedras do chan. Chora o ceo sobre nós, e nós, alleos a todo non podemos deixar de sentir que, xuntos, todo irá ben.

 

Un biquiño.

 

 


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información