Tarde de carnaval

escrita por JULITO dedicada a NIEVES

jueves 7 febrero 2013    5.00 corazones

Tarde de carnaval, aquel dia frio e chuvioso do ano 2001, entraches na miña vida, como un lostrego que percorre todo o meu ser, naquel intre percateime, de que xa non nos separariamos xamáis, pasados todos estes anos, cada dia que pasa querote máis, temos dous fillos maravillosos, dous anxeles que nos dan vida cada dia, que son o noso motor para tirar pa diante nestes momentos de crise no mundo.Querote por ser como unha luz que ilumina o meu camiño todolos dias, que esta conmigo nos bos e malos momentos, ultimamente malos, pero ante todo graciñas por ser a miña amiga, a miña confidente, a miña amante, e sobre todo gracias por ser a nai dos meus fillos. Nin mil palabras son suficientes para demostrarche o meu cariño e a miña admiración. Xa para ir rematando estas humildes verbas que leva o vento, quero mostrar o meu compromiso firme de que te vou a querer sempre, neste mundo e no outro si tamén existe, e que as nosas almas non se separaran nunca, e xa remato cas verbas da canción do teu grupo preferido: Hoxe prometoche amor eterno,ser para sempre, teu no ben e no mal.Hoxe demostroche  canto te quero ,amándote ata o meu final. Tarde de carnaval


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información