soños

escrita por moreniña dedicada a vmmv

sábado 31 enero 2009    2.21 corazones

unha escea....

un intre....

un anaco de tempo alleo...

mentres ficaba queda mirando perdinme nos soños!

atopeinos a nós vivindo aquel momento!

ti e eu...

nada máis...

ninguén máis!!

a situación, a distancia, as emocións... podiamos ser nós; oxalá fósemos nós!!

un segundo e todo cambia... todo muda!

párase o tempo ... o mundo. o infinito pode achegarse e alentarche na cara. o imposible pode ser posible.

os soños poden ser momentos...

oxalá fósemos nós!!

o camiño amósase andando e, se é certo, que hai un sendeiro para nós, eu, quero camiñar por él.

amote


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información