Sentidos de papel

escrita por Princesa daquel vello reino perdido dedicada a Meu ex Príncipe azul

sábado 9 febrero 2008    3.19 corazones

Meu príncipe azul:
    O día que te vin marchar sentín que se ía contigo unha parte de min. Anacos da miña alma quedaron enredados nos teus beizos. Eses beizos cum sabor docemente salgado capaces de todo: dende recorrer cada milímetro dos meus ata deixar caer verbas que doían coma se mordesen.
    Recordas aquelas tardes xuntos? Naqueles momentos eu quería que o tempo se parase para estar eternamente ollando eses teus ollos. O moi traidor pasou voando. Sorprendentemente efímero foi o teu amor. Antes de que poidera sequera advertilo, ti xa nos estabas. Si, quería parar o tempo e agora, demasiado tarde, o meu soño fíxose realidade. As horas que antes corrían séntanse inmóviles a se rir de min.
     A soidade é a miña máis fiel amante, condenada estou a que non me abandoe nunca. Atrapada n amáis monótona rutina, intento aguantar a insoportable esterilidade do tempo.
    Ata o aire se volveu pesado! Para camiñar nesta atmósfera teño que ir esquivando as partículas do osíxeno que parecen cansadas de vibrar.
    Cada un dos meus sentidos viuse afectado pola túa ausencia.
    MÍRAME…
    Acórdaste daquela miña forma de andar? Decías que era como si estivese buscando un soño en cada esquina, ca esperanza acesa no corazón. Contempla a miña actual melancolía. Paseo igual que unha princesa destronada que observa lánguidamente o seu reino perdido. Un reino no que as cores parecen estar prohibidas.
    ESCOITA…
    Adoptaba cantar, rir, facer bromas …. Presta atención. Que é o que esoitas? Exácto! Nada. O silencio é a música que sona continuamente. Permíteme falar conmigo misma e preguntarme en que falléi, que penso facer. Aqueles antíguos “quérote” que acostumbraba escoitar quedaron suspendidos no aire. Difuminados. Aínda os escoito como un tétrico eco.
    ULE…
    “Gústame como arrecende o teu pelo”, susurrábasme. Pois ben, si ahora pos a proba o teu olfacto notarás que agora ese fino aroma queda afogado por uns perfumes demasiado fortes cos que intento eclipsar o cheiro a licor. Pois o que non podo negar é que as botellas foron as falsas amigas ás que acudín para intentar olvidarte. Causáronme moitos máis problemas dos que me solucionaron.
    SABOREA…
    Ai sí! Intenta captar se é que podes, o sabor da miña vida. Aquel doce amor deixou en min un amargo recordo. Ácidas son as bágoas que verto por ti.
    Pero por favor, sobre todo
    NON TOQUES a miña pel ferida. Non volvas a rozar a miña alma. Alónxate.
    Non quero volver a ver eses ollos que me encandilaron con tanta facilidade.
    Non quero volver escoltar “quérotes” que son gentilezas, que ningén sinte.
    Non quero volver ulir a túa esencia.
    Non quero volver volver a deleitarme cos teus beizos nin ca túa dourada pel.
    Non quero percorrer o teu corpo como se dun máxico palacio se tratarse .Xa non seréi máis a túa princesa. Xa non serás a meu príncipe azul. A nosa historia remata aquí, sen voda, sen fadas, sen maxia, sen perdices que comer.
Adeus e oxalá teñas máis sorte ca min.

Alguén que te quería.


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información