Segredos compartidos ca esperanza dunha resposta

escrita por Alecrín :-) dedicada a Ninguén

sábado 9 febrero 2013    5.00 corazones

 

                                                     Xoves, 29 de Xaneiro de 2013

Querida Ninguén:

 

Vaia, vaia maneira máis curiosa de comezar unha carta cun destinatario así, non che parece? Tal vez nunca ninguén che chamase así, probablemente porque ti o tomarías a mal,coma se te estivese anulando coma persoa. Así que...ben en 1º lugar quero desculparme por chamarte así, síntoo, pero por moito que o intentei non fun quen de descubrir o teu verdadeiro nome. En 2º lugar presentarme,pois chámome Xoel, teño 24 anos e vivo na Coruña,pero todos os días me movo de Coruña a Santiago porque é alí onde traballo. E ti dirás:

-Vale moi ben, pois síntoo moito pero enganácheste non te coñezo!

Pois claro que me coñeces aínda que agora meso non siabas quen son. Dende fai 2 anos todos os días imos xuntos no tren, dende fai 2 años coñézote, aínda que ti non o saibas. Coñezo os teus ollos, a cor do teu pelo, o nome do perfume que usas, e distinguiríate entre 1000, porque eres única para min. Dende fai dous anos non fago máis ca pensar nunha vida ao teu lado. Xa case non me lembro de que cousas que antes pensaba a miúdo, antes de terte coñecido, pero seguro que nimiedades, cousas que non valían a pena, xa que foi cando me namoreei de ti cando todo comezou a ter sentido. Todos os días facemos exactamente o mesmo, eu subo, séntome, e na seguinte parada sobes ti; que sentas ao meu lado e te pos a remexer os apuntes como intentando memorizar algo no último minuto, mentras eu me recosto no asneto e finxo pensar nas miñas cousas. Pero aínda que o intente ti desconcéntrasme, o chero doce doce do teu pelo,os teus beizos finos que de cando en vez mostran un lixeiro sorriso...Todo en ti me desconcentra,tal vez sexa polo teu sorriso, a túa forma de ser, por todo en ti, pero ámote. Intentei esquecerte pero non fun quen, e como son ou moi tímido ou moi covarde para dicircho á cara, dígocho mediante esta carta. Esta carta é o pasaporte para a miña felicidade, ou para o meu desconsolo, pero polo menos será unha resposta para o meu corazón,que despois de tanto tempo xa non sabe que pensar. Espero que cando esta carta chegue ás túas mans, a leas e penses ben se realmente sentes o mesmo por min. No caso de que te riras ou non pasases da primeira liña, pensando que se trata dunha broma de mal gusto, non me importaría porque todo este surimento tería valido a pena,porque grazas a ti coñecín o amor.Grazas a ti, si, ti brindáchesme o sentimento máis fermoso que existe e o meu corazón non se arrepentirá de terte amado como o fixo, e como o segue a facer. Non se arrepentirá de ter suspirado por ti nas longas noite de inverno, de ter soñado contigo nas longas curtas noites de verán. No caso de que a resposta sexa afirmativa,farasme a persoa máis feliz do mundo, porque os meus soños se terán feito realidade. En fin para rematar pois non sei, envíareiche algo que nunca poderás esquecer.Enviareiche un bico, e un suspiro do teu namorado, que te quere e te espera se fai falla toda a eternidade.

                                                                                       Xoel


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información