Qué vou facer sen ti?

escrita por Aisea dedicada a ti, que me faltas

viernes 4 febrero 2011    3.47 corazones

Qué vou facer sen ti? Non sinto a calor do sol, porque tampouco sinto a que ti m dabas. Non volverei sentir que todas as penas se esvaecen só con verte e coa alegría e o cariño que me demostrabas cada día dos interminables que pasabamos xuntos.

¿Cómo volverei sorrir se xa non me queda de ti máis que pó e os regalos que che entreguei? Tamén me quedan os recordos das nosas excursións na procura dalgún lugar tranquilo e salvaxe onde descubrir o mundo. Xa non sentirei máis a túa cabeza no meu regazo, nin o teu consolo cando choraba, nin o teu pacífico respirar mentres durmías e soñabas.
A luz dos teus ollos se ia apagando no meu regazo mentres eu te cantaba para que me oiras, porque xa non me podias ver. E nun segundo, deixaches de sufrir.
Ata a Lúa e o Sol se quixeron despedir de ti, e te regalaron unha tarde de verán en pleno inverno, na que te lía contos, como sempre o fixen porque ti non sabias.
Fuches o mellor da miña vida. Ti eras o meu protector, e eu a túa, e do último que te proxetín foi da dor. Pero ti nin sequera te quiexabas, só me mirabas cando me arredaba un metro de ti, para que non te deixara só. E non o fixen. Nin o farei nunca,compañeiro.
Ata pronto pequeno.


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información