Preso de amor

escrita por Dulce dedicada a os namorados na distancia

lunes 13 febrero 2017    2.89 corazones

A ti, amor da miña vida:

Quéroche dicir tantas cousas…. Mais xa me queda pouco tempo ata que poida contarcho, explicarche cada un dos meus actos, das verbas que algún dia che dixen…

Levo aquí once anos, observando na soidade aos que finxen ser amigos meus, mais eu sei que aquí todos nos sentimos mais sós ca nunca. Presos polos barrotes que forman as nosas celas, pero presos tamén dos amores que nos agardan fora. Grazas a ti aqueles días de tolemia, de medo e de xenreira cara min mesmo por non darme conta do que perdía, fixéronse mais amenos. As horas pasaban de vagar, agás aqueles sábados nos que o calor do teu alento me rozaba na orella cando viñas de visita. Ao carón da miña xanela, suspírolle á lúa, porque sei que ela dende alí arriba pode verte, e a través dos seus ollos sinto que me agarimas o pelo, coma cando me pasabas as mans de vagariño arredor do pescozo e me regalabas un deses sorrisos tan teus. Un sorriso culpable de que teña medo a que te canses, a que veña outro tolo que se namore dos teus beizos avermellados cando se curvan cara o ceo. Oxalá puidera mandarche algo mais que este anaco de papel húmido polas bágoas e a soidade que aquí se respira, pero xa queda moi pouco para que poida arranxar co mundo as miñas faltas. Namentres o garda non me abra a porta para sempre, mándoche o único real que gardo, a miña alma namorada dunha rapariga, que aquel 14 de febreiro me agasallou un bico que pasou a converterse no primeiro dos moitos que aínda nos quedan por dar.

 Quérote ruliña.

 


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información