preguntan que é o amor

escrita por moreniña dedicada a vmmv

sábado 31 enero 2009    2.33 corazones

preguntan que é o amor... eu digo en voz alta o teu nome;pronuncialo é un resumo de cada un dos meus sentimentos!

non estamos xuntos pero... e que?

non podo bicarte, non podo tocarche e tampouco abrazarte; é certo,pero tamén o é que os teus bicos me deixaban voar, que acariciarte era moito máis que un contacto entre dúas peles e que, a calor do teu abrazo,era sentir que todo estaba ben, máis que ben!

que máis da se non compartimos momentos nin tempo real se, tamén é real, que non abandonaches o meu pensamento e sigo a soñarte!! que importa que queiras ou non estar se eu xa te teño!. é de valde que queiras ou non fuxir porque eu xa te gardei na memoria ou, diría máis, xa te gardei no caixón dos sentimentos e, unha vez alí, é imposible un momento aniquilante!!. gústeche ou non, aínda que chegues a ser recordo nunca serás unha emoción baldeira. da o mesmo que che pareza mellor ou peor, son as miñas emocións e só eu podo cambialas!

podes soñar con outra boca e eu seguirei a adormecer pensándote!

podes entrelazar as túas mans con outras que non sexan as miñas mentres eu sigo querendo mirarme nos teus ollos...

´da o mesmo con quen soñes ti; o que importa é o que eu soño e ...

EU SOÑO CONTIGO


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información