Porque amarte a ti é amar un mundo.

escrita por Mar da música dedicada a Os amores secretos

jueves 14 febrero 2008    3.67 corazones

Vouche contar un segredo. desprazaches a miña vida real para te converteres na realidade da miña.

Pesa moito este tesouro prohibido, pero non tanto que xa non poida andar, e sei que antes ou máis tarde hei pasar a fronteira, sáibase ou non o que agocho na alfándega. Vivo dupla por non renunciar a ti; son débil, pero ninguén que ti non desexes te ha de arrincar de min.

Apenas te vexo, a adrenalina descarga a súa faísca eléctrica e as veas latexan por ti; e comeza a fame na miña pel...fame da túa pel, da túa boca, das túas mans, do teu peito dondo, do teu sexo aberto, das ondas lúbricas que compartimos...

Coma ti, convencida da imposibilidade dun final, penso que se non existise antes de agora o concepto da inmortalidade, a idea que teño e sinto da entrega e pertenza entre nós mudaría o curso da natureza. E a censura constrinxidora que alimenta esta coiraza non é máis que un difícil camiño de liberdade, a liberdade que reside na superación da covardía interior, na sinceridade con un mesmo, na entrega incondicional. Vivimos nunha autarquía emocional envolta en falsa autosuficiencia, e o demostra o feito desta supervivencia xa tan demorada no tempo e constrinxida no espazo vital.

Con certeza é imposible que eu ame outra persoa, porque ti estás reflectida en todos os actos da miña vida. Os días consómense a forza de evocar a túa imaxe que me envolve por todas as partes...; subxúgame persarte na febleza do meu ánimo...o teu corpo espido e desposuído das mundanais ataduras, esa mestura túa tan peculiar entre o pudor máis verdadeiro e a ousadía máis devoradora. Sinto, cando te miro, que son a túa presa, e desexo o desafío para poder facerme túa e así me engulas ata escoitar dentro de ti a túa voz crebada rozar a dor do pracer máis compartido.

Porque me gusta todo de ti: afondar na quentura proteica das túas intimidades corpóreas ou conversar contigo de trasacordo en trasacordo...porque non importa o que fagamos, ti modificas o meu ritmo vital.

Estou chea de confianza, malia os erros que cometa, pois ti supós todo o contido e riqueza da miña existencia. Este sistemático disimulo que domina a miña vida vale tanto como a vida mesma, e acaso sexa o segredo máis prezado que pode ser gardado.

Porque amarte a ti é amar un mundo.

Porque te amo profundamente material.


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información