O rostro da miña amada

escrita por Voz dedicada a Concha, a miña muller

miércoles 4 febrero 2009    2.57 corazones

Non existe outro rostro como o da miña amada.

A miña amada ten cabelos de brisa. Ten a voz salgada dos ecos das ondas.

A miña amada ten ollos de nena e beizos de muller urxente. Ten aroma de colleita, e bicos do sol de maio.

A miña amada érguese firme, coma unha rocha estoica, e réndese tenra na calor do abrazo. Ten a risa das fontes, e no pulso o pulo alegre das fervenzas.

A miña amada ten o corazón cheo de promesas, e as mans inzadas de semente.

En tódalas vidas, en tódalas terras, entre tódolos rostros, non existe rostro coma o rostro da miña amada.

Sen a súa luz, non atopo a miña sombra.


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información