O PAGAFANTAS

escrita por olivia dedicada a popeye

lunes 7 febrero 2011    3.91 corazones

Que son de poucas verbas xa o sabes. O que ti non sabes e que con que ti me dés un empurrón eu a ti chas digo todas.

 

Son o teu pagafantas, o teu querido amigo que ten que morder a língua cada sábado ao voltar da discoteca, cando me contas con quen estiveches e o que pensas. Ou cando me dís que desta vai, que estás ilusionada con este que é un bo rapaz e que che promete a lúa.

 

Pero non eres capaz de ver que eu, que non che prometo nada, son o que te arroupo no meu regazo para que disfrutes cómoda desa lúa que outros che prometen e que logo se lles olvida.

 

Qué pensas que podo sentir cada vez que co corazón partido me contas a mín que menuda pena que non atopes a ninguén coma mín?. Que non entendes porqué son o único home do mundo que ten sentires semellantes aos das mulleres. Que a miña tenrura é o teu sosego en cada momento de debilidade.

 

Cómo podes estar tan cega?. Como non eres capaz de ver que eu só son así ao mirarte a esos ollos que me teñen enfeitizado? Como podes pensar que son tan especial e non podes mirar máis alá?

 

Calquera día vai a pasar o que estou esperando. Prególle a Deus que suceda. Voume a desencantar. Algún día ten que suceder, porque pola contra estou a sufrir un inferno en vida que non merezo. Miña nai, e mais a túa, sempre mo dín. Neno, non son as margaridas para os porcos….. E non sei que queren dicir. Supoño que para a miña nai eu son a margarida e para a túa serei o porco, pero e que eu quérote, chámenme o que me queiran chamar.

 

E que vai a pasar cando me desencante? Que atoparei a alguén coma ti. Alguén que sinta estos paxariños no estómago que sinto eu canto te vexo vir. Alguén que coma min te teña gravado no mobil na A, co 1, en maiúsculas e en minúsculas para que toque a tecla que toque sempre saias tí. Alguén que sinta o meu sentir.

 

Entón igual ti te des conta de que son algo mais que ese amigo, que case ningunha muller ten e que todas desexan. Que xa non podes contar conmigo para todo porque serías a segunda persoa na miña vida e non a primeira. E cando te queiras dar conta, xa non estarei….

 

Pero hoxe, ata hoxe polo menos, eu quérote a ti. Quero que mires a miña boca e desexes o que eu. Quero baixarche a lúa cada vez que sintas pregiza para mirar para riba e vela. Quero que penses que si eu son ese sapo que sempre me dís ti podías ser a miña sapa. Quero criar moitos sapiños contigo.

 

Ao mellor atopo valor e algún día cho digo, e se chega ese día pode ser que desapareza esa luz que te cega e non che deixa ver o meu fondo, ou pode ser que de todos os xeitos se rompa ese encanto e xa non poida ser o teu mellor amigo. En calquera caso creo que o que sae gañando son eu.

 

Si me quixeras sería un feliz eterno e se non podemos seguir sendo amigos como ata agora, polo menos deixaría este sufrimento que as túas aventuras e desventuras me traen.

 

Só falta que a lúa empeze a falar e que che conte o meu pensar.


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información