O amor fala de ti.

escrita por Xuliva dedicada a g.a.

miércoles 13 febrero 2008    2.80 corazones

Hai xente que fala do amor sen coñecerte. Sen ter fitado eses perfectos ollos negros. Sen ter acariñado esas finas mans. Sen ter sentido a túa calor.

Coido que non é posible outro amor que non fale de ti. Do teu sorriso irrepetible. Do teu falar suave. Dos teus beizos pequenos e saborosos.

Debe ser de ti de quen falan a cotío.

De seguro, tes a tódalas mozas namoradas. Á terra que pisas. Ás verbas que pronuncias. Ó ar que mimas cos teus movementos.

Seguirei respirando pola esperanza de estar xunto a ti. Por verte cada mañá á miña beira. Por secar as túas bágoas. Por que biques as miñas.

 

 


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información