Nunca te dixen que te quería

escrita por Carruco dedicada a María

martes 8 febrero 2011    3.85 corazones

Tanto camiño compartido e só agora caio na conta de que nunca te dixen que te quería. Vexo as fotos da nosa vida: nin unha soa imaxe de tristura. Apiñamos na memoria só os instantes de ledicia para sobre eles seguir construindo o resto da nosa existencia.

Agora estou coa foto sobre a moto, os dous, lembras?, naquela ponte en Caldas: qué novos!. E nesta outra estás toda concentrada ante as candeas chantadas na tarta de chocolate: “sopra, nena!”.

Hoxe quero dicirte que imos facer moitas máis fotos xuntos, de todos eses momentos especiais que están por vir. Poñerémonos os dous ante a cámara e ante a vida para seguir escribindo o futuro. Xa verás que pronto, cando quites o pano da cabeza, cando te volva medra-lo pelo, cando este paréntese fique agochado nun recuncho da memoria…

Aínda non sabes o forte que es!.

María, irmá: QUÉROTE!.


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información