Nubes de algodón

escrita por Tu niña dedicada a mi abuelito

lunes 2 febrero 2009    2.64 corazones

Dende pequeniña fixéchesme moi feliz,
fuches tan especial comigo
que acostumachesme mal,
¡e xa non podo vivir sen tí!


De pequeniña facíasme rir,
cando todas as noites ó deitarme
contábasme eses contos
que tan bonitos me resultaban a min.


Tan feliz me facías,
que na túa casa sempre me quería quedar
e aínda que agora non me quedara tanto
¡quero que sepas que che quería aínda máis!


De ti aprendín moito,
ti sempre me axudaches en todo,
pero agora xa non estás,
e eu soño con volverte a abrazar.

 

Algún día estaremos de novo xuntos
e recordaremos todos estes momentos
nunha nube de algodón
co teu amor, co teu calor…

 


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información