Non sei falar de amor

escrita por Baranguela dedicada a Mario

martes 8 febrero 2011    3.68 corazones

Gustaríame dicirche tantas cousas que non caben en palabras... Recitaríache algo fermoso con doces rimas e versos do vento, que elevan a alma por riba da noite estrelecida... mais non sei falar de amor.

Non sei falar porque a miña lingua non entende as verbas do corazón, porque as miñas mans non saben debuxar os nosos recordos,porque a miña razón non é quen de entender o amor máis inmenso do mundo,só o meu corazón e capaz comprender o que ti es e serás na miña vida. Mais eu non sei dicir cousas bonitas, so sei sentir por ti.

 


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información