Mirando ao espello

escrita por Namorada da perfección dedicada a Os nosos respectivos namorados

miércoles 13 febrero 2008    2.60 corazones

Bos días!, non, iso non, que xa non me quero enganar máis e en realidade non serán bos,
quizais...Ola! non, demasiado cotiá..mellor non direi nada, chegados a este extremo, unha ollada    
bastará. (practica a concentrar todo o seu rancor nunha soa mirada e segue coa            
conversa). Pensei que no noso novo mundo non existía espazo para a dor, xa que ti, que forxaras
para min aquel val de felicidade, me habías protexer dos latigazos que dá a vida. Mentira,
promesas vans. O único que forxaches foron as rexas dunha cárcere sen chave na que eu entrei 
enganada. Aproveitácheste de min, do meu desacougo, do meu sufrir. Sabías que eu non aturaba
aquel amor a distancia, que cada carta que chegaba arañaba moi amodo o meu corazón dorido e antes
de que mo chegase a arrancar presentácheste ti, ofrecendo o corpo que con el tiña que imaxinar.
Quixen evitarte pero ti eras materia e el recordo e a ambición gañou ao amor entregándoche o que
durante tanto tempo gardara para el. Manchei a miña honra e seguín deixándome levar, poucas
tardes che fixeron falla para convencerme de que o deixara por alguén mellor, ti. Lembras cando me
xurabas un amor envexable, que sen dúbida existíu porque fomos a envexa de qualquera parella? Os
meus pensamentos saían pola túa boca. De súpeto reparaba nos teus beizos e se estes non me cedían
un bico comezaba a sentir unha presión no corazón que me deixaba sen aire, sen alento, sen folgos…
Xa ves, tan cega estaba naquel Edén que, non me decatei do que estaba a acontecer, de que aquelas
tardes de fútbol cos teus amigos non eran máis ca escusa para estar coa outra persoa que eu máis
quería.

Xamáis pensei que aquel anel co que xa me fixera tantas e tan falsas ilusións acabaría nas mans de
Iria. Iria, que sempre estivera ao meu lado e que ti sabías que era para min o mellor apoio co que
contara ao decidirme por ti. Quen o ía dicir!! ( Nota que os seus ollos comezan a se
humedecer ). E menos que hoxe estaría aquí, fronte a ti, reclamándoche polo mesmo que eu fixen
con outro no seu día ( Sente escorrerse unha bágoa pola meixela pero prosegue ) e o que
máis me doe é que sabendo todo isto sigo sendo prisoeira do teu amor. ( Cunha expresión de
amargura mira fixamente a súa imaxe desfeita no espello, sente unha man
secándolle as bágoas e entón diríxese por primeira vez a el ) Estabas aí! e… de seguro
que me escoitaches, é o mesmo e incluso mellor porque así aforrarei unha cita que me había facer
repetir este discurso que xa o levo preparado unhas vinte veces. Así non terei volta atrás.
(Atrévese a miralo fixamente aos ollos, baixa a cabeza, repara nos seus beizos,
séguea baixando, ve unha maleta e sorprendida reaciona de inmediato ) A roupa
tela onde sempre que eu non che recollín nada, lévaa o antes que poidas, non preciso máis recordos.
( Velle a intención de rodeala cos seus brazos, ela rexeitao e con unha fonda ferida
no corazón di ) Non te esforces meu amor, xa sei que todo o bo ten un final, é irremediable, saio
dun souto e métome noutro.

           


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información