Medias de lunares

escrita por bluevelvet dedicada a ti

miércoles 1 febrero 2012    3.45 corazones

Hoxe vestin o pantalón corto e as medias de lunares rosa pálido. Puxen esa camiseta  que tanto lle gusta a miña nai, esa que lle trae recordos de cando era nova. Puxen os pendientes largos e o meu anillo preferido no dedo medio, pois nunca me gustaron as asimetrías. Pintei a raia dos párpados para intensificar o meu ollar. Tiña os rizos especialmente definidos, voluminosos e brillantes… parece que eles tamén desconfiaban de que hoxe nos íamos encontrar. De entre moitos, escollin o sorriso máis alegre que teño, e abrin o corazón de par en par…
Tiña a esperanza de cruzarme contigo, de que me miraras, e así te deras conta de que, ainda sin sabelo, ti eres a causa do relucir dos meus ollos e dos coloretes das miñas meixelas. Tiña a esperanza de que hoxe por fin entenderas que ti sí formas parte do meu ser, ainda que, inexplicablemente, ti nunca o puideches nin sospeitar…


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información