ISO DO AMOR...

escrita por unha namorada do amor dedicada a Pablo

jueves 12 febrero 2009    1.00 corazones

Que é iso do AMOR? Pregunta difícil e resposta complicada. Non hai libro nin sabio que nos poida respostar a tan complicado dilema¡ Será o amor o desexo continuo de espertar ó teu lado e vela túa cara cada mañá? De ser a primeira en dar un bico ós teus beizos?

AMOR, palabra sinxela pero definición complicada. Contigo descubrina, atopo a resposta cada dia nos teus ollos, nas túas mans, nos teus aloumiños, nas túas verbas, na túa compaña... Amarte implica buscala túa presenza e desexala, compartir soños, alegrias e inquedanzas; significa atopar nunha soa persoa confianza, respeto e cariño e conseguir que iso sexa mutuo. Un segundo, un minuto, unha hora sen verte, convértense en días e intres de desacougo, o desexo de estar sempre xuntos é algo que vai unido a túa persoa, inventarse un futuro e loitar por conseguilo entre os dous tamén.

Decir que te quero, que te amo, é pouco, para min eres todo e por ti todo o daría; iso é o amor, dalo todo sen esperar nada a cambio, pero esperando estar sempre contigo.

Que é iso do AMOR? Ti eres todo amor , o meu amor¡¡¡


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información