Inmenso eterno

escrita por Maria da Fontes dedicada a o meu amor

lunes 7 febrero 2011    4.08 corazones

 

 

 

Hola amor:

    Paseo por a tua praia, achegaste e lames os meus pes ca túa lingua fría e salgada, o primeiro fero, logo vaste dulcificando. Salpícasme cas túas gotas cheas de afastados lamentos de náufragos, de mortos, de verbas de amor lonxanas.

     Rompes as túas ondas na miña praia e logo esvaras suavemente.e eu sigo aquí sen moverme esperando pacientemente a que me fales... que me fales de novo,que me fales ca voz mais forte. e non pasa nada. De súpeto enfadaste e, entón falas forte, roxes coa forza brutal que sae das túas entrañas, e me mollas e me enches de algas e de espuma revoltosa e branca. A forza da resaca arríncame da miña pracenteira praia e lévame ó mais profundo cara os teus adentros, e eu non podo facer nada. A loita e inútil e deíxome levar. abandónome as túas correntes que me levan o profundo, xogando co vaivén das ondas , e paseniño vaime arrolando., mergúllome, e xogo as agachadas cos peixes, e soño un soño azul de golfiños e raias,e soño que adorno o meu pelo cas sardiñas de prata, e ves ti e me espertas cas túas suaves ondas frías e salgadas, fálasme ca túa voz que eu entendo, non fan falla mais palabras.

   A hora de irse chegou de súpeto.-Voume mar, gran mar transparente inmenso eterno, voume, e cando salgo a brisa roza o meu corpo aínda mollado co teu recordo


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información