Desta carta sen resposta

escrita por Noeghur dedicada a Ti

jueves 10 febrero 2011    4.08 corazones

Querido Manuel :

Agora que xa non me quedan máis bágoas que chorar, agora que o tempo me ensinou que por máis que me doa non vas volver , agora que este meu corazón se sente mais só ca nunca, agora …dende a distancia que só a morte foi capaz de poñer no noso camiño dígoche que este amor que crimos perfecto, este amor que fixo que en cada beso, en cada abrazo, en cada sorriso nos namorásemos moitas veces cada un dos días que caminamos xuntos, este amor : ó deixarme fíxose máis grande, máis forte e sobretodo máis fermoso.

Recordo claramente o día que o doctor nos comfirmou o cancro que te estaba arrebatando do meu lado e ti miráchesme con eses imensos ollos verdes e sorriches como se soubeses que “ese negra sombra” ,como ben dicía Rosalía , non fose un atranco neste amor e agora podo dicir que te entendo porque vivimos cada día como se fose o último, como se fósemos uns eternos adolescentes e aínda cando a quimioterapia te deixaba sen forzas non tiveches nin un só lamento, nin unha triste queixa senón que só dabas grazas ó destino, a Deus ou vai ti saber a quen ou a que, por poñernos a un no camiño do outro.

Aquel día de Agosto no que partiches,chorei…chorei como só se chora cando te quedas vacía por dentro e así sigo, botando de menos os ronquidos cos que amenizabas as miñas noites, a pasta de dentes aberta cada vez que a usabas, a bolsa de cereais que só ti eras capaz de comer, as tardes de peli e palomitas os fins de semana que chovía, o teu olor a after save que tanto adoraba, as túas pachangas ó fútbol con Samuel( ai… acordaste cando era pequeño?, sempre dícías: este vai ser guapo coma seu pai aínda pero espero que con pelo! Que pouco engañado estabas:é igual ca ti!), e que dicir daqueles ridículos disfraces que te poñías sempre por carnavais ou cando Lara se sentaba ó teu lado para contarche o último en “cotilleos do cole“( que gracia me facías: ti que eras a persoa menos cotilla que coñezo eras capaz de escoitar a túa filla como se che se fose a vida nelo)…Canto te botamos de menos pois non só desfrutamos contigo senón que desfrutamos de ti que aínda parecendo o mesmo non o é.

Quizais esta carta non sexa como tantas esas outras que esperan unha resposta , a min só me queda imaxinala e de paso sexa dito non a necesito porque xa a sei… sei que me dirías aquilo de: Nena, cando non estea pensa que mellor chorar recordándome que o non sentir nada de non habernos coñecido nunca.

Por último decir que só por ti seguirei desfrutando desta vida, destes nosos fillos que agora me necesitan máis ca nunca, farei de Nai e de Pai, suplindo como poida ese amor que nos deches e o día que me toque a min pasar a ese outro lado volverei a ser Eu, a sorrir de verdade…a gran paradoxa será que a miña morte non será tal, será: volver a vivir!

Esta pequena que por ti foi grande.

Alicia.


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información