Desde o fondo do meu corazón

escrita por Cabritiño dedicada a MRPG

martes 7 febrero 2012    3.93 corazones

Querida miña:

Decirche que te amo quédaseme pequeño, alguén debería inventar novas palabras para definir os meus sentimentos de entrega, de devoción, de admiración, de necesitarte cada segundo. Eso sintoo e máis. Dígoche que te amo, pero xa o sabes, pode ser que de tanto repetircho se desvirtúen as palabras, pero non, cada vez que cho digo é porque o meu amor por ti aumentou.

Quero que o sepas, non te amo en pasado, non te amo en presente, nin te amo en futuro, é un amor sen tempo, tampouco ten distancias, é simplemente amor puro, cargado de ilusións, cheo de promesas que non deben cumprirse porque xa se cumpriron todas ó coñecerte.

Ámote, como duas palabras que forman un sorriso nos teus beizos, como dous ceos cheos de cores reflexados nos teus ollos, como duas palabras infinitas que non deben deixar de sentirse.

Amarte en realidade é un premio, descoñezo se o merezo, polo menos loito por merecerte, pero é un premio, é un regalo que calquer persoa debería recibir, pero que só teño eu.

Por deixarme amarte douche as gracias e ofrézoche mil anos de amor que condenso neste beso que che entrego desde o fondo de min mesmo.

 


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información