cousas que nunca che direi

escrita por Xuliva dedicada a Ángela

lunes 11 febrero 2008    3.21 corazones

 

 

 

Estimada  Ángela:

 

Quixera, sen ousar a facelo, contarte todos e cada un dos marabillosos sentimentos que en min espertaste.

 

Só uns poucos metros nos separaban cada tarde; na miña intimidade semellaba un abismo. Prexuízos sociais, medo ó futuro, ou mera cobardía.

Non é ningún capricho o que me leva a pensar en ti a cada segundo, non é froito do aburrimento nin da miña xuventude. Son experta en falsos amores, e ti non o es. Ogallá a miña apariencia fixese xustiza á miña alma namorada. 

 

Teño o convencemento de que non me deste a oportunidade de facerte ver que, aínda parecendo unha cría, sería quen de facerte soñar como ningunha outra. Tiveches medo a quedar soa comigo, soa comigo no universo.

 

Dime unha vez soa que me desexas, que me amas, e mañá estrearei felicidade

 ¿Quén sabe se poderías chegar a amarme? Ti sempre allea ó meu mar de paixóns.

 

De tódolos xeitos, foi bonito. Por iso perdoarei a túa irresistible crueldade de vetar os meus pensamentos, prohibindo calquera soño do que non foses ti a protagonista.

 

Sei que nunca che esquecerei.

 

 

 

 


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información