Canto me querías!

escrita por Ana Karenina dedicada a Pai

martes 8 febrero 2011    3.83 corazones

Cando tiña 15 anos cada tarde que saía coas amigas namorábame profundamente, pero ese amor duraba o que tarda unha flor en marchitarse.

Cando tiña 25 coñecín ao meu home, persoa de nobre corazón, o perfecto compañeiro, o amor verdadeiro.

Cos 35, chegaron os fillos e o AMOR con maiúsculas: esquecerse do espello para ter ollos só para eles, levantarse cen veces na noite cando están enfermos, cambiar as nosas lecturas por textos infantís que relemos cada noite co mesmo entusiasmo que a novela máis actual e interesante.

Agora, con 45, cando a inmunidade da xuventude xa non funciona e de vez en cando collémola gripe ou nos xoga unha mala pasada a ciática, métome na cama cun té ben quentiño. Daquela pecho os ollos e recordo a túa voz, especialmente dous sinxelos adxectivos: linda e tranquila, que me reconfortan coma cando me traías a miña merenda preferida ou me contabas contos inventados, con tal de sacarme un pequeno sorriso.


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información