As patrias perdidas

escrita por Iksharem dedicada a

martes 12 febrero 2008    2.50 corazones

Quedas xa tan lonxe da miña mirada, patria perdida, illa, areal, paraíso, que as ondas dos beixos non me saben a nada nin o vento trae perfumes.

Es a patria que máis me doe, a ferida que, aínda que pechada, máis supura, a que fende o meu peito branco en dous.

Que doorosa é a perda cando se ama. Quero regresar ó teu centro brando e morno no que  calma-la sede e a tristura, no que nunca se vai o sol.

Déixame ve-los teus ollos brillantes, amor, para saber que nunca haberá morte.


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información