Aqueles marabillosos anos

escrita por Tina dedicada a Personita especial

viernes 1 febrero 2008    3.04 corazones

Todo comenzou como un xogo para os dous, un xogo convertido nunha bonita historia de amor.
Coñeciámosnos desde a infancia aínda que a nosa amizade comeza na adolescencia, ó principio eras un amigo máis, pero co paso do tempo démonos  conta que algo raro ía crecendo entre nós, ó principio eu non entendía que me estaba pasando, era algo novo para min, non lograba sacarte  da miña mente, cada canción que escoitaba recordábame a ti, cada vez que che vía acelerábaseme o corazón e miles de bolboretas revoloteaban polo meu estómago, sentíame moi ben ao teu carón, necesitaba en cada momento da túa compañía. Algo estaba cambiando en min. A confusión invadíame ¿ amor ou amizade?
Ó principio non o quería crer nin moito menos aceptar, pero era inevitable, estábame namorando. Logo duns meses intentando despexar a confusión, de se si ou se non, ou talvez, o amor tocou a nosa porta  e definitivamente un 20 de agosto deixámolo entrar, porque sen decatarnos xa caéramos nas súas redes.
Cada día que pasaba ías entrando no meu corazón, ías formando parte da miña vida, ías converténdote na personita  que roubou o meu corazón. Días, meses, máis meses, anos de sentir amor, de compartir momentos xuntos, de coñecernos máis o un ao outro, de moita felicidade ao teu lado. Pasamos momentos alegres, momentos tristes, as pelexas e enfados tamén están na lista, pero todo afrontámolo xuntos.
É por este motivo polo cal cústame tanto agora aceptar a túa despedida.
Foron cinco anos ao teu lado, o que creo que nunca poderei esquecer. Por moitas voltas que lle dou non podo entender a túa decisión, sei que a nosa relación quizais non pasaba polos mellores momentos pero tampouco crin que o fin estivese tan cerca.
O día que me dixeches que xa non me querías, crin que algo se me rompía, non podía entender porque un día estabamos tan namorados e ao día seguinte xa non sentías nada.
Pero non me quedan remordimentos, porque intentei rectificar os meus erros, remendar os meus desacertos,e aínda que foi tarde para iso, dei o meu corazón e a miña alma para demostrarche que todo podería cambiar.
Non podo entender como che foi tan fácil refacer a túa vida, coa de veces que me dixeches que sen min non poderías vivir, que era o mellor que che pasara  na vida, que oxalá me coñeceras antes.... e agora que?, todas esas promesas fóronse ao traste e non sei o porqué.
Oxalá algún día teñamos esa conversa que tanto desexo, e me expliques que se che pasou pola cabeza para acabar con todo.
Como me gustaría dicirche que xa non penso en ti, que xa non che quero.... pero como fago para enganarme a min mesma, para repetirme unha e outra vez que xa non sinto nada por ti. Xa non sei que facer con este sentimento, de noite soño contigo, de día sigo soñando.... non che podo apartar da miña mente nin un só segundo.
Sabes..... é difícil comprender que non era o noso tempo, que non eras para min, pero consolanme os marabillosos momentos que o tempo me permitiu  vivir ao teu lado e doulle grazas a deus por porche no meu camiño e á vida por darme a oportunidade de amar.
Nunca imaxinei  atopar a unha personita tan marabillosa chea de pequenas-grandes cousas que me fixeron vivir, soñar e agora sufrir tanto. Contigo coñecín o que significaba a palabra necesidade, contigo vivín nun mundo fantástico onde os protagonistas eramos os dous. Pero hai unha gran realidade non vivimos no país das marabillas, nin nun mundo máxico.
Es un ser marabilloso, oxalá coñezas alguén que che ame coa mesma intensidade coa que che amo eu, porque a pesar de todo, merécelo , quero que sexas moi feliz. Para ti só teño moito amor e gratitude.


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información