"antigas pantasmas"

escrita por Captain_Ross dedicada a des_amor

viernes 1 febrero 2008    3.04 corazones

Hola pequena, hola bonita, porque é coma eu te chamaba, porque sempre foi como che gustaba que te chamase.

 Sen embargo; ¡como cambiou todo! Dun día para outro, dun momento para outro. Sen que me chegases a avisar do que estaba pasando, sen ningún tipo de motivo.

Sen que eu poidese voltar atrás dos meus pasos, pasos que nunca chegaron a ser firmes por medo a perderte cando ainda nunca chegaras a ser miña.

Tan pequeniña, tan simpática, tan boiña, pero tan fermosa; non todo podía ser bo.

Eramos amigos, non, equivócome, eramos moi amigos. Sen embargo o destiño que é unha trampa moi perigosa quixo que foramos algo máis que amigos.

Eu desexábao con tódalas miñas forzas, sen embargo non puiden facelo, queríate e quérote demasiado.

Un día sen máis quixeches trocalo todo, quixeches esquecerte de min, pensaches que era o mellor para os dous. Intentaches ser máis valente ca min, destrozáchesme a vida cunha decisión errónea.

Preciso un tempo sen ti, preciso alonxarme de ti. Trátasme mellor do que tratas a outra xente, síntome incómoda contigo – foi o que me dixeches. O motivo aínda non o entendo.

O mundo caeume enriba, os ollos enchéronseme de auga ou de algunha sustancia que as veces expulsan os ollos dos que aínda temos un corazón podre de latir ó son que marca o resto da xente, bagoas que comezaban a esbarar pola pel da miña cara, o sabor das bagoas ó chegar á miña boca lembroume o sabor dos teus beizos que so puiden probar unha vez e quixese voltar a saborear cada segundo da miña vida, intentei erguerme pero ainda non o conseguín.

Xa non recordo o tempo que fai que pasou isto, a miña vida paróuse, sen embargo eu continúo derramando bágoas e sentindo un sentimento chamado culpabilidade por algo que non fixen.

Dende aquí despídome de ti deixandoche unha frase que supoño algún día chegarás a entender e non poderás esquecer: “Pequena, ainda que ti non o queiras, eu sempre che querrei”.

fdO: CapTain_rOsS


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información