Agardando

escrita por Doce dedicada a Miña nai

martes 4 febrero 2014    3.83 corazones

Lembro esperarte. Esperarte sempre. Recordo que cando era unha nena me gustaba estar enferma porque ti viñas e te metías conmigo na cama. Cando saía da escola sempre agardaba a que viñeras a buscarme. Cando algo me saía mal ti sempre estabas ahí para suxeitarme, cando caía. Cando choraba acostumaba a facelo en alto para que ti viñeses e me deses unha aperta, e non me deixases marchar.

Cando esperamos a alguén con tanta intensidade sempre esquecemos a pequena posibilidad de que non volva, pero ese é un risco necesario, porque cando estamos completamente abatidos, cabidbaixos e a punto de rendirnos, ver a dita persoa camiñar hacia nós non ten un valor calculable. En realidade eu nunca deixei de agardarte.  


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información