A sombra do vento

escrita por Katusa dedicada a Kento

lunes 30 enero 2017    2.55 corazones

Querido Kento:

Xa fai dez anos dende que nos coñecimos baixo aquela cerdeira da ribeira. Lémbrome perfectamente do día no que apareciste na miña aula un ano despois; ninguén sabía que ti e mais eu éramos coñecidos pero supoñían que entre nós había un vínculo especial. A ledicia daqueles días foi o mellor de tódala miña vida.

Acórdaste do día pouco despois de coñecerte, mentres falábamos cuns amigos, cando ti de súpeto apertáchesme? Non coñecías a situación pero sabías perfectamente que o meu sorriso era tan falso como a máscara que eu sempre levaba antes de atoparte. Lémbrome tamén que mentres os amigos que alí estaban, observaban estupefactos sen capacidade de comprensión, ti colliches unha pequena margarida, e delicadamente a colocaches na miña orella, esa flor que aínda sigo pusuíndo.

Sabes Kento? Aquí na azotea, pódese sentir unha forte brisa. Esteas onde esteas, se dende alí enriba estasme a observar, non penses que fago isto pola tristeza que puido causar. Mais ben o consideras como un novo comezo.

Mentres escribía esta carta, as miñas bágoas inundaban irremediablemente a miña expresión. Supoño que non é nada pero non podía seguir vivindo sen ti, sen a única persoa que algunha vez fixérame feliz.

Para consolarte, é moi probable que se ti non entraras na miña vida, esta historia tería rematado todavía máis cedo... Así Kento, con esta carta con forma de avión que vou tirar agora mesmo, dígoche adeus para sempre.

Sakura

 

 


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información