14 de xullo.

escrita por Roquecho dedicada a Charo

viernes 2 febrero 2018    5.00 corazones

14 de Xullo

 

Hoxe fai 9 anos, cando me dixeches por primeira vez que me amabas e comezamos a nosa relación de parexa. Ese día cambiaches a miña vida e alégrame que estés na miña vida desde ese intre fusionando o teu camiño co meu.

Cando te miro doume conta do amor tan forte que sinto cara ti, e de como medra cada día máis e máis. Síntome moi afortunado de terte ó meu lado e ver pasalos días xuntos. Cada vez que me ocurre algo bo eres a primeira persoa a quen llo quero contar e cando ocurre algo malo sei que podo contar contigo para que eses días non sexan tan grises nin escuros. Encántame cando me dis que todo sairá ben.

Son o home máis afortunado do mundo porque podo berrar ós catro ventos que non só eres a miña muller, senón a miña amante e a miña mellor amiga. Non hai ninguna outra muller que poida estar ó meu lado como o estás ti.

Dígoche todo esto para que sepas que te quero e que cho digo de todo corazón.

Qúerote.


En esta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obtener datos estadísticos de la navegación de los usuarios, lo que nos permite mejorar la información y la publicidad que te mostramos y adaptarla a tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, entenderemos que aceptas su uso. Más información